Asociación ASOCIACIÓN FOTOGRÁFICA NFOCA8 BETANZOS ten como finalidade a de fomentar, promocionar, divulgar, organizar e desenvolver actividades tanto culturais como lúdicas relacionadas coa fotografía, imaxe e vídeo en todas as súas variantes, así como a formación e participación dos seus socios e todas as persoas que así o desexen nas actividades culturais, lúdicas e de formación que a asociación realice ou nas que participe, difundindo a cultura da fotografía e prestando servizos culturais, formativos, didácticos e pedagóxicos tamén no ámbito da mocidade e do voluntariado.
Para levar a cabo os fins da asociacion, desenvolveranse xornadas, campañas informativas, formativas, divulgativas e de sensibilizacion, congresos, cursos sobre todolos temas relacionados cos fins enumerados anteriormente.

Aquí podes consultar os nosos estatutos.