Captura de pantalla do cuarto oscuro de Darktable.
Autor: Cristina Aijón Feixas (www.tinafeixas.es)  (CC BY-SA 4.0)


Optar por software libre para revelar fotografías ten as seguintes vantaxes:

  • É gratis, sen cometer ningún delito.
  • Como é unha instalación legal é moito mais sinxela.
  • É multiplataforma, podémolo instalar en Windows, Mac ou Linux.
  • Evitamos o risco de infectar con virus o computador instalando programas piratas.
  • Podemos cambiar de marca de cámara e continuando co mesmo software.

Unha das desvantaxes que podemos atopar é que é menos popular que os privativos e hai menos xente que poida axudarnos. Ainda así os programas que son software libre adoitan ter unha gran comunidade da usuarios dispostos de a axudarse entre si en foros, ou elaborando videotutoriais ou manuais e poñéndoos a disposición do publico de balde.

En concreto vouvos falar de Darktable. Estas son as súas características:

  • Posúe edición non destrutiva ao longo de todo o fluxo de traballo, as imaxes orixinais nunca se modifican.
  • Procesamento de imaxes acelerado na GPU grazas á compatibilidade con OpenCL.
  • Xestión profesional da cor: compatibilidade con perfís ICC incorporados para espazos de cor sRGB, Adobe RGB, XYZ e RGB lineais.
  • Filtrado e clasificación avanzado: permite a procura por etiquetas, clasificación de imaxes, etiquetas de cor e moito máis.
  • Formatos de imaxe soportados: importa formatos crus, de alto rango dinámico (JPEG, CR2, NEF, HDR, PFM, RAF…) e de baixo rango dinámico como (JPEG, PNG, TIFF, PPM)
  • Permite o Tethered shooting (disparo e control remoto da cámara a través da interface de Darktable) con algúns modelos concretos de cámaras.
  • Automatización de tarefas repetitivas.

LIGAZÓN AO ARQUIVO DE INSTALACIÓN

https://www.darktable.org/install/

VIDEOTUTORIALES DE JUAN LUÍS FERNADEZ GALLO

https://www.youtube.com/playlist?list=PL8F1F85AC801013BD

LIBRO "FOTOGRAFÍA LIBRE" DE JUAN LUÍS FERNÁDEZ GALLO

Enlace de descarga por torrent:
https://colaboratorio.net/wp-content/uploads/2018/04/fotografia_libre.zip
(Recoméndovolo tamén como manual de iniciación á fotografía e o revelado, é moi ameno)
Este libro tamén é gratis, ten licenza CC BY 4.0

MANUAL COMPLETO OFICIAL DE DARKTABLE 3.0

Versión online -> https://darktable.gitlab.io/doc/es/
Versión pdf -> https://github.com/darktable-org/darktable/releases/download/release-3.0.0/ (
descargádeo por wifi)
Este é bo como material de consulta, pero non como guía de iniciación.
Tamén é gratuito, este baixo licenza CC BY-SA.





AUTORA  Elena Salgado Mariñán

2 Comentarios

  1. Excelente aporte Elena, he de echarle un vistazo a los tutoriales, aunque ya estoy tan acostumbrado a CR+PS, que no creo que vaya a cambiar, pero miraré de que va. Muchas gracias.

    ResponderEliminar
  2. Yo lo uso desde hace muchos años en un Linux-Mint y ha evolucionado mucho.

    ResponderEliminar