O próximo día 4 de Decembro ás 20:00 horas inauguraremos no Espazo Xove Betanzos nosa primeira exposición fotográfica. A exposición leva o nome de “Luces nas Covas” e nela mostraremos o traballo realizado no Parque do Pasatempo durante a realizacion do taller de # lightpainting que fixemos cos amigos de Fotografía Ferrolterra da man de Marcos López Alonso e Mikel Diaz A exposición poderase visitar ata o 31 de Xaneiro en horario de 16:00 a 21:00 de luns a venres.

Do 21 de decembro ao 6 de xaneiro o Espazo Xove permanecerá pechado. Do 7 de xaneiro ao 31 volverá abrir.

https://www.facebook.com/groups/470069813370133/permalink/729258644117914/


0 Comentarios