concurso
II Edición do Concurso de Fotografía "Nadal no Casco Histórico"
A Asociación de Comerciantes do Casco Histórico de Betanzos convoca a 2ª edición do concurso de Fotografía “Nadal no Casco” segundo as seguintes
Bases
1. Obxectivo.-
O Obxectivo deste concurso e fomentar a participación cidadá nunha iniciativa dirixida a dar a coñecer o Casco Histórico de Betanzos e a rede comercial, hostaleira e de servizos que no mesmo se atopan a unha maior cantidade de xente e propiciar o maior numero de visitas a o noso Casco descubrindo, deste xeito, os seus currunchos particulares desde a óptica das súas cámaras
2. Participantes.-
Poderán concorrer a este certame fotográfico tódalas persoas que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que seus traballos se axusten as bases do mesmo.
3. Temática.-
A temática terá que estar baseada no “Nadal no Casco Histórico de Betanzos”, calquera edificio, rúa, curruncho, escaparate ou detalle que teña relación co Nadal e o Casco Histórico
4. Características das fotografías.-
As imaxes deben ser necesariamente orixinais, inéditas, non presentadas e / ou premiadas neste concurso nas edicións anteriores.As imaxes poden ser de cor ou en branco e negro, non admitindo a manipulación dixital mais ala dos retoques básicos. As fotografías enviaranse ao enderezo electrónico comerciocascohistoricodebe
Cada participante poderá presentar hasta un máximo de dúas fotografías. O contido das mesmas necesariamente estará relacionado co tema del concurso.
As fotografías deben ser propiedade do autor que as presente ao concurso.
O feito de participar neste concurso, o autor das fotografías autoriza a exposición e publicación da mesma na exposición e edicións que se realizan polo mesmo motivo conservando sempre tódolos seus dereitos de propiedade intelectual, quedando obrigado o organizador a citar claramente a súa autoría en todas as publicacións impresas ou dixitais. Estas fotografías soamente se poderán utilizar para promocionar as actividades relacionadas coa Asociación de Comerciantes do Casco Histórico de Betanzos.
As fotografías presentadas serán exhibidas pola Asociación durante o concurso do ano 2019
5.- Prazo de presentación.
O prazo de presentación será ata o día 23 de Decembro do 2018.
6.- Xurado.
O xurado será nomeado pola Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos do Casco Histórico co apoio e consello dos membros da Asociación Fotográfica NFOCA8 de Betanzos. O xurado resérvase o dereito de interpretar as bases do presente concurso e resolver os casos non previstos, de acordo cos seus mellores criterios.
A decisión do xurado farase pública o 30 de decembro de 2018 e será inapelable.
O fallo será comunicado por escrito ou por teléfono aos participantes premiados.
7.- Premios.- Configúranse os seguintes premios:
- Primeiro Premio: 100 euros en vales de compra para o seu uso nos establecementos adheridos á Campaña de Nadal no Casco.
- Segundo premio: 50 euros en vales de compra para o seu uso nos establecementos adheridos á Campaña de Nadal no Casco.
- Terceiro Premio: 30 euros en vales de compra para o seu uso nos establecementos adheridos á Campaña de Nadal no Casco.de Nada no Casco..
- Accésit: 20 euros en vales de compra para o seu uso nos establecementos adheridos á Campaña de Nadal no Casco.
Non poderán recaer dous premios nun mesmo participante.
A cerimonia de entrega de premios celebrarase en público o día 02 de Xaneiro ás 21.00 h. na Pza. Constitución de Betanzos
As obras gañadoras pasarán a ser propiedade da Asociación de Comerciantes do Casco Histórico de Betanzos, que reserva todos os dereitos sobre elas e poida utilizalos posteriormente para fins culturais, artísticos ou publicitarios, sempre citando o nome do autor; adheríndose, en todo caso, ao previsto na Lei de Propiedade Intelectual.
Os premiados autores acordan recoller os premios na data sinalada. No caso excepcional e xustificado de non poder asistir ao evento, o gañador poderá nomear unha persoa no seu lugar para recoller o premio.
8.- Observacións.-
As montaxes fotográficas non serán aceptadas.Non poderán participar nin os membros da Asociación de Comerciantes do Casco Histórico de Betanzos nin os seus familiares directos e tampouco os membros da Asociación Fotográfica NFOCA8 que participen no asesoramento do xurado.
A mera participación neste Concurso implica a total aceptación das Bases Normativas da mesma.
0 Comentarios